A timidez que levo non é unha debilidade, é unha forma delicada de sentir o mundo. Cada palabra pesa e cada xesto precisa valor, pero ninguén me entende. Falan de min como se fora un home inútil, como se non quixera formar parte de ti e todo por un xeito de ver a vida dende unha sombra que ninguén quere ver. (Do libro Cando chove por dentro ou como mollar sen auga os sentimentos no blogue falogalego.com)
