CINSAS

Esperto entre cinsas, coa sensación de que algo ardeu en min durante a noite. Érgome amodo, sacudo o po gris do corpo, como se cada movemento espertase recordos antigos. Houbo en min un lume intenso. Agora quedan só brasas ocultas. Tócome o peito e algo esperta: a memoria do teu corpo. Imaxino a túa boca. A túa respiración. O calor. Pero a sombra aparece e murmura: —Xa non volverá. E aínda así, algo queda. Non é lume. É unha brasa pequena… pero viva. (Do libro Cando chove por dentro no blogue falogalego.com) (1994-2026)

Descubre más desde FALOGALEGO

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo